12 de marzo de 2010

retomamos as citas

Do queixo non che me queixo, que o queixo ben que me sabe;
quéixome de quen o vende, que non mo dá de balde.


Esta segunda parte non se cumpriu na FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA, pois convidamos a todas e todos a degustalo de balde polo dia e, por vez primeira, tamén ao longo dos concertos da noite.
Este ano creamos a marca, estreámonos nas redes sociais e moitas cousas máis. Velaíquí vedes o spot que resume a nosa filosofía.