29 de enero de 2011

ELVIRA CASAL: HÁBITO E ENXEÑO

Todo hábito fai a nosa man máis enxeñosa e o noso enxeño máis torpe.
Todo hábito hace nuestra mano más ingeniosa y nuestro ingenio más torpe.
F. Nietzsche

Isto non é exacto nalgunhas persoas. As mans que vedes lavando na imaxe son as de Elvira Casal, a miña avóa materna, que nos deixou nestes días e da que tanto aprendín, aclaro que moi torpemente. Ela tiña arte (man) para todo; costureira de profesión, facía enteira ou arranxaba calquera peza que lle puxeras diante tan rápido como perfecto. Levaba dentro "espírito" e "xenio", o xusto por estar sempre ben aplicado. Atendía casa, galiñas e horta con amor e superaba en enerxía e maña a calquera que dos que a pretendéramos axudar, polo que aproveitaba para aprendernos como "ilo facendo ben". Tiña tamén diso que aquí falamos, do enxeño, ou "chispa" diría ela, e en cantidade e calidade. Abraiounos ata os seus noventa e un con respostas e "saídas", sempre atinadas. Ao final só acontecía se lle falabas, é dicir, aínda que a colleras despistada. Maior mérito. Así e todo, o máis abraiante e reconfortante era que coa palabra ou calquera técnica verbal ou non verbal, remataba sempre -e nos facía rematar a todos- cun sorriso.
Aquí a tedes axudándome en Cambre, participando da creatividade dun storyboard no tempo de estudante. Grazas avóa, tentarei non esquecer e trasladar o teu exemplo. Vaia por ti, o teu neto
Ramón Roldán

14 de enero de 2011

VALORIZAR

Centrarse nos valores non simplifica a vida, pero dalle significado e dirección, e tamén moita máis complexidade.
Centrarse en los valores no simplifica la vida, pero le da significado y dirección, y también mucha más complejidad.
Anónimo

7 de enero de 2011

SEMENTAR

Evita, por riba de todo, a tristeza; que a túa ledicia non sexa froito das circunstancias favorables, senón froito de ti mesmo.
Evita, por encima de todo, la tristeza; que tu alegría no sea fruto de las circunstancias favorables, sino fruto de ti mismo.
Peliandro

3 de enero de 2011

PASADE BOA DÉCADA AMIG@S

Todas as cousas sonnos alleas, só o tempo é noso.
Todas las cosas nos son ajenas, sólo el tiempo 
es nuestro.
Séneca 

boa década amig@s!