12 de julio de 2010

victoria

Que ben ver a Pedro celebrar coa identidade e a bandeira canaria ao lombo, a Xabi e Puyol coa Señera catalana; que rica, diversa e valente é esta selección de campións, en todo. Que ledicia ver o bico de Casillas á moza, antes que profesionais, futbolista ou xornalista, persoas. Non reparo en que grupo de comunicación sube ou baixa no mercado bursátil, foi espontáneo, emocionado.
Trátase "só" dun trunfo do deporte colectivo do estado español, que reflicte ben a nosa rica e diversa realidade e que evitou a todos de pensar -por unhas horas- na crise xeral ou na súa particular. A ver se pronto sae de Ribeira, ou Cambre, Arzúa, Tui, o Courel ou mesmo de Compostela un novo "neno Fran" ou "Xabier" ou "Iago" ou "Xan" ou... e podemos ver unha bandeira galega no próximo mundial, seica é no Brasil non?

Por certo, parabéns á Organización de Sudáfrica 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se o desexas, deixa o teu comentario, grazas. / Si lo deseas, deja tu comentario, gracias.