26 de diciembre de 2011

COMUNICACIÓN NON VERBAL (II)

A linguaxe da verdade debe ser, sen dúbida algunha, simple e sen artificios.
El lenguaje de la verdad debe ser, sin duda alguna, simple y sin artificios. 
Séneca 

ÚTIL 
'Elsa Punset nos enseña a dar abrazos de verdad' (3 min)
Veremos como se ten que dar  unha aperta para que nos faga sentir ben de verdade. Un dos segredos iniciais: hai que mirar e conectarse antes de abrazarse. Que tal unha boa aperta? :)

19 de diciembre de 2011

COMUNICACIÓN NON VERBAL (I)


A linguaxe da verdade é sinxela
El lenguaje de la verdad es sencillo
Séneca

ÚTIL
'Elsa Punset nos enseña cómo darnos la mano' (5 min)
Cunha mirada franca, aos ollos, unha distancia axeitada e un leve sorriso, todas estas técnicas funcionan mellor :)


12 de diciembre de 2011

LER, FALAR, ESCRIBIR

Ler fai completa a unha persoa, falar faina expeditiva, escribir faina exacta
Leer hace completa a una persona, hablar la hace expeditiva, escribir la hace exacta
Francis Bacon

ÚTIL
'Lo que decimos ¿es coherente con lo que somos?'
Un interesante post de @PuroMarketing sobre as sinerxias -necesarias- entre os universos online e offline. Se afondamos na escritura na rede, topámonos coas consecuencias positivas ou negativas que afectan á reputación online.

5 de diciembre de 2011

ESCOLLER

A vellez non é tan mala, se considera un a alternativa
La vejez no es tan mala, si considera uno la alternativa
Maurice Chevalier

28 de noviembre de 2011

DUBIDAR

Os máis obstinados adoitan ser os máis equivocados, como todos os que non aprenderon a dubidar
Los más obstinados suelen ser los más equivocados, como todos los que no han aprendido a dudar
Samuel Butler

ÚTIL
Debate: ¿hay que redefinir el concepto de Relaciones Públicas?
Podes velo AQUÍ
'20 cosas que todo profesional de RR.PP. debería saber hacer'
Podes velo AQUÍ
Grazas aos amigos/as de Márketing Directo

Samuel Butler,  escritor, compositor e filólogo inglés

21 de noviembre de 2011

RAZOAR

A razón é unha pota de dúas asas: o mesmo pode collerse pola dereita que pola esquerda
La razón es una olla de dos asas: lo mismo puede cogerse por la derecha que por la izquierda
Michel de Montaigne

Esta fin de semana tivemos unha boa demostración desta máxima nas eleccións Xerais ao goberno de España, onde todos, sen excepción, queren ser portadores da razón. E neste campo demóstrase que hai verdades absolutas. O respecto e a escoita activa entre todos os partidos (isto é, entre as persoas que forman estas organizacións), deberan ser os camiños a seguir para alcanzar o obxectivo de reflectir fielmente o sentir da sociedade.

ÚTIL
'El precio de un escaño', como sería a composición do parlamento con outro sistema electoral. Podes velo AQUÍ

14 de noviembre de 2011

MUDAR = PROGRESAR. PROGRESAR = MUDAR

O progreso é imposible sen mudanza. Aqueles que non conseguen mudar as súas mentes non conseguen mudar nada
El progreso es imposible sin cambio. Aquellos que no consiguen cambiar sus mentes no consiguen cambiar nada
Bernard Shaw
Grazas á miña amiga tuiteira do Brasil @anagrana_

31 de octubre de 2011

MURMURAR

Máis aínda que cen predicadores, importa un murmurador
Más aún que cien predicadores, importa un murmurador
Pedro Antonio de Alarcón -novelista 'realista', membro da Real Academia de la Lengua-

24 de octubre de 2011

PACIFICAR

Todos queren a paz, e para asegurala, fabrican máis armas que nunca
Todos quieren la paz, y para asegurarla, fabrican más armas que nunca
Antonio Mingote

Celebremos cheos de ledicia que unha banda terrorista anunciase o 20/10/2011 o cese definitivo da súa actividade armada logo de 43 anos de terror. Sexamos tamén prudentes e construtivos, sería un paso ben positivo que entregaran os instrumentos do dano para non ser usados nunca máis. Tamén que mostraran o máis humano arrepentimento polo dano causado. Euskadi vive xa un novo presente e vivirá un novo futuro, un futuro de paz. Parabéns a tod@s os que contribuiron honestamente a conseguilo.

17 de octubre de 2011

IDEAR

O cerebro é un paquete de ideas engurradas que temos na cabeza
El cerebro es un paquete de ideas arrugadas que tenemos en la cabeza
Ramón Gómez de la Serna

Un pouco de exercicio diario axuda a desenrrugalas. Fai a proba e verás ;)

ÚTIL
Discurso 'El Orador': documento audiovisual de 1928 no que Gómez de la Serna - Ramón, como lle gustaba que o chamasen- manipula un par de monóculos e unha gran man postiza que engrandecen a mensaxe. E non só iso, ten un gran poder de 'imitación' dun galiñeiro! ;)

 

10 de octubre de 2011

LEGAR

Steven Paul Jobs (S.Francisco, 24/02/1955- L.A., 5/10/2011) 
Fundou Apple en 1976 no garaxe da súa casa, xunto co seu amigo, Steve Wozniak. Despois foi criticado e admirado. Grazas Steve por aportar ao mundo a túa visión.




ÚTIL
estas son 30 das súas reflexións, recompiladas pol@s amig@s de Appleweblog

3 de octubre de 2011

VALER

Un home, calquera home, vale máis que unha bandeira, calquera bandeira.
Un hombre, cualquier hombre, vale más que una bandera, cualquier bandera.
Eduardo Chillida

Chillida traballou xenialmente o ferro, a madeira, a pedra e o bronce. Buscou sempre a harmonía entre o ser humano e a natureza, e viceversa.
Eu, que estou convencido de que a súa reflexión incluía tamén ás mulleres, substituiría a palabra 'home' por 'persoa'.

Eduardo Chillida, o artesán do ferro

26 de septiembre de 2011

EQUILIBRAR

Mentres os leóns non teñan os seus propios historiadores todas as historias glorificarán ao cazador
Mientras los leones non tengan sus propios historiadores todas las historias glorificarán al cazador
Proverbio africano

ÚTIL 
'Categorías, premiados e comentarios dos primeiros TWEETS AWARDS de ESPAÑA', non sen controversia, que podes ver AQUÍ. 
Unha sinopse do evento e de cada galardoado, AQUÍ

Parabéns aos premiados e á organización. Seguro que a opinión de tod@s, traducida hoxe nestas 'controversias' propias dunha primeira edición, contribuirá a mellorar aspectos na segunda e nas seguintes.

fonte: marketingdirecto.com e nonada.es
páxina oficial: tweetsawards.com

19 de septiembre de 2011

APRESURARSE

Apresúrate amodo
Apresúrate despacio
Octavio Augusto

Unha cita tan corta como potente. Filosofía en dúas palabras
Octavio Augusto, sobriño de Julio César, foi un eficaz gobernante e o auténtico fundador do imperio romano. No seu mandato viviuse unha etapa de tranquilidade e prosperidade, a denominada Pax romana, a gran idade dourada desta civilización.

Octavio Augusto, fundador do imperio romano

12 de septiembre de 2011

APRENDER

Aprendemos a voar como os paxaros, a nadar como os peixes; pero non aprendemos a sinxela arte de vivir como irmáns.
Hemos aprendido a volar como los pájaros, a nadar como los peces; pero no hemos aprendido el sencillo arte de vivir como hermanos.
Martin Luther King 

Martin Luther King, Premio Nobel da Paz 1964

5 de septiembre de 2011

RELACIONARSE

O cerebro evolucionou para permitirnos organizar as relacións cos demais.
El cerebro evolucionó para permitirnos organizar las relaciones con los demás.
Robin Dunbar 
 
ÚTIL
'Entrevista a Robin Dunbar', profesor de antropoloxía evolutiva Universidade de Oxford, na que nos fala de como a evolución foi modelando o xeito de relacionarnos cos demáis. O Nº DUNBAR reflicte que o noso cerebro está deseñado para poder relacionarse con aproximadamente 150 persoas.
 
Interesante e didáctica charla reemitida por Redes 2.0, que podes ver completa AQUÍ (27min)

Robin Dunbar, profesor de antropoloxía evolutiva Universidade de Oxford

29 de agosto de 2011

DISCUTIR

Sempre que dúas boas persoas discuten por principios, os dous están no certo
Siempre que dos buenas personas discuten por principios, los dos están en lo cierto
Marie von Ebner-Eschenbach

M. von Ebner-Eschenbach, Doctora Honoris Causa en Filosofía
Marie von Ebner-Eschenbach (1830-1916), foi unha escritora austríaca que misturou sátira, ironía, simpatía e humor sutil no seu retrato da alta sociedade vienesa e da vida nas vilas.

ÚTIL
'Responsabilidad Social Individual', cortesía de Seresponsable , que podes ver AQUÍ
'18 entrevistas a 18 Community Managers', cortesía de TreceBits, que podes ver AQUÍ

22 de agosto de 2011

MEDIR

Quen di que 'o tempo é ouro', convérteo en solto
Quien dice que 'el tiempo es oro', lo convierte en calderilla
Carmen Martín Gaite

ÚTIL
Ás veces o tempo de reacción é importante, así como a actitude. Medir as cousas e extraer conclusións tamén axuda a continuar avanzando. 
 
'Rotunda -que no rápida- disculpa de Nivea por su publicidad racista', cortesía MK Directo, que podes ver AQUÍ
'Nuevo sistema de medición de Google Analytics', cortesía de Xavier Colomés, que podes ver AQUÍ

8 de agosto de 2011

CREAR

Para un bo futuro, crea un presente mellor
Para un buen futuro, crea un presente mejor
Intanxibles


ÚTIL
O presente construímolo as persoas. Cada minuto, cada segundo. Tamén o contamos e nolo contan, de xeito máis ou menos 'obxectivo' -segundo a 'liña editorial'- os chamados mass media. Lembremos que estes medios son plataformas -empresas- escritas e dirixidas por persoas. Saber a quen pertencen e saber que pertencen a alguén, permite o exercicio de relacionar as cousas. Especialmente recomendable en época pre-electoral.
 'Propiedad de los medios de comunicación', cortesía de A.Vela

1 de agosto de 2011

EQUIVOCARSE

Unha valiosa habilidade do mundo moderno: a capacidade de manterse en calma, contento e caladiño mentres outros se equivocan na Internet.
Una valiosa habilidad del mundo moderno: la capacidad de mantenerse en calma, contento y calladito mientras otros se equivocan en Internet.

Frase de D. Powazec @fraying (traducida por @Microsiervos). Acórdome de Thomas Edison e as súas 2.000 maneiras de 'cómo non se fai unha bombilla' ;)

ÚTIL
'Normas das promocións en Facebook', que podes ler na páxina oficial AQUÍ, e que polo que vexo non todos seguen e deberan seguir para evitar disgustiños...
'5º poder, redes sociales y empoderamiento', cortesía de TerritorioCreativo, que podes ler AQUÍ 

26 de julio de 2011

VIVIR E 'ABRIR'

Unha das cousas ás que podemos aspirar nesta breve vida é a vivir cos ollos abertos.
Una de las cosas a las que podemos aspirar en esta breve vida es a vivir con los ojos abiertos.
José Mosterín

ÚTIL
'225 libros de Social Media, Comunicación y Web 2.0', cortesía de que SocialBlaBla, podes consultar e descargar AQUÍ

18 de julio de 2011

POSICIONARSE

O pesimista quéixase do vento, o optimista espera que cambie, o realista axusta o velame
El pesimista se queja del viento, el optimista espera que cambie, el realista ajusta el velamen
William George Ward

ÚTIL
'Nunca serás tan joven como hoy para emprender', que podes ler AQUÍ. Cortesía de @pau, @yorespondo e @Luis_Serra

11 de julio de 2011

CREAR

A orixinalidade é a volta ás orixes
La originalidad es la vuelta a los orígenes
Antoni Gaudí

ÚTIL
"29 maneras de fomentar la creatividad", cortesía de SMLatam, que podes ver neste VÍDEO

4 de julio de 2011

EDUCAR/SE

Se a educación che parece cara, proba coa ignorancia
Si la educación te parece cara, prueba con la ignorancia
Lema Federación de Enseñantes Belga

ÚTIL
Alfredo P. Rubalcaba empregou tamén esta cita na súa presentación como candidato á presidencia do goberno o 9/xullo/11. Referíase á calidade do actual sistema educativo en España. O vídeo completo podes velo AQUÍ

27 de junio de 2011

VALORAR

Debe valorarse a opinión dos estúpidos, están en maioría
Debe valorarse la opinión de los estúpidos, están en mayoría
Lev Tolstoi

ÚTIL
Como pouco, dá que pensar esta aparente pouco respectuosa "reflexión democrática". Pensemos pois.

20 de junio de 2011

FACER

Hai dous días ao ano sobre os que non podes facer nada: onte e mañá. Só hoxe poderás perdoar, sorrir, soñar, amar, e sentir.
Hay dos días al año sobre los que no puedes hacer nada: ayer y mañana. Solamente hoy podrás perdonar, sonreír, soñar, amar, y sentir.
Anómimo

ÚTIL
Repara nesta frase todas as veces necesarias e lévaa sempre contigo, é copileft ;)

13 de junio de 2011

LIMITAR

Os límites da miña linguaxe son os límites do meu propio mundo
Los límites de mi lenguaje son los límites de mi propio mundo
Ludwing Wittgenstain

ÚTIL
O galego é unha lingua minoritaria? mira este VÍDEO (3 min)
Grazas aos creadores (Manuel Núnez e Manuel Bermúdez -Univ. de Santiago de Compostela-). Grazas á Concellería de Cultura de Arzúa, que o difundiu a través de do seu facebook

6 de junio de 2011

PINTAR COA VOZ

A escritura é a pintura da voz
La escritura es la pintura de la voz
Voltaire

Supoñendo que obviamos a caligrafía na rede, pois usemos os pinceis. Como pouco, o da da sintaxe e o da ortografía;)

Útil:'Redes Sociales, la tecnología haciéndonos más humanos', cortesía de DosenSocial, que nos lebra que nelas compartimos, expresámonos, colaboramos, divertímonos, dialogamos,etc. Podes lelo AQUÍ 

30 de mayo de 2011

SORRIR IDIOMA UNIVERSAL

O sorriso é o idioma universal das persoas intelixentes
La sonrisa es el idioma universal de las personas inteligentes
Víctor R. Uriarte 

Útil: "El poder de una sonrisa", Cortesía de F.Alcaide, que podes ler AQUÍ
Frase destacadas: 
“A veces sonreír es la mejor forma de contribuir a cambiar el mundo”
"Yo no contrato camareros, contrato gente que sonría y luego les enseño"

22 de mayo de 2011

SER E CONCORDAR

Ninguén é como outro. Nin mellor nin peor. É outro. E se dous están dacordo é por un malentendido.
Nadie es como otro. Ni mejor ni peor. Es otro. Y si dos están de acuerdo es por un malentendido.
Jean-Paul Sartre

Útil: o principio da reflexión semella incuestionable, mais o final pódese -e quizáis débese- poñer en dúbida.
El principio de la reflexión parece incuestionable, pero el final se puede -y quizás se debe- poner en duda.

16 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS + INTERNET + RECICLAXE

Mañá 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, o Día de Internet, e o Día mundial da Reciclaxe, os tres forman unha apetecible combinación.   

Útil: Lois Pereiro, persoeiro homenaxeado das Letras Galegas 2011, deixounos entre a súa poesía o que sería o seu epitafio: “Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria"

RECORDAR E ESQUECER

Teño tan boa memoria como bo esquecemento
Tengo tan buena memoria como buen olvido
Miguel de Unamuno

9 de mayo de 2011

2 de mayo de 2011

POR NATUREZA, SUPERSOCIAIS

O cerebro evolucionou para permitirnos organizar as relacións sociais cos demais.
El cerebro evolucionó para permitirnos organizar las relaciones sociales con los demás.
Robin Dunbar -profesor de antropoloxía evolutiva Universidade de Oxford- (conceptualizador do Nº DUNBAR)

25 de abril de 2011

PENSAR E VIVIR

Eu nunca penso non futuro, chega demasiado á présa
Yo nunca pienso en el futuro, llega demasiado deprisa
Albert einstein
Pd. se ben o importante é o presente no que vivimos, precisamente por esta razón debera ser do máis positivo atender activa e conscientemente ao noso interior e ao noso redor (as/os demais); isto implica valorarmos e ter "presente"  o pasado, o presente, e, se podemos, o futuro.

11 de abril de 2011

VIVIR E PENSAR

Deberiamos vivir como pensamos; se non, acábase por pensar como se viviu.
Deberíamos vivir como pensamos; si no, se acaba por pensar cómo se ha vivido.
P. Bourget

4 de abril de 2011

CAMIÑAR, CON SENTIDO

Se atopas un camiño sen obstáculos é probable que non che leve a ningures.
Si hayas un camino sin obstáculos es probable que no te lleve a ninguna parte.
Micky Bane

28 de marzo de 2011

AGRADECER, SEMPRE

O agradecemento é unha carga, e todos tenden a desfacerse dela.
El agradecimiento es una carga, y todos tienden a deshacerse de ella.
D. Diderot

Esta cita xa a empregamos meses atrás e facémolo agora de novo con gusto: o noso agradecemento a tod@s os que colaboraron na Festa do Queixo de Arzúa os días 11, 12, 13 marzo 2011, así como nos meses anteriores para a súa organización. Parabéns ao concello e á concellaría de Cultura, voluntarios e voluntarias, protección civil, policía municipal e aos colectivos e asociacións ligados ao evento. 

Podedes ver o toda información en www.festadoqueixo.org, con máis de 15.000 visitas este ano, e tamén o blog coa actualidade e o facebook da festa, onde somos xa case 2000 amig@s!;-).

GRAZAS A TOD@S!

21 de marzo de 2011

REVISAR, TODO

A xente arránxase todos os días o cabelo, por que non o corazón?
La gente se arregla todos los días el cabello, ¿por qué no el corazón?
M. Gandhi

14 de marzo de 2011

CELEBRAR

Celebra todos os progresos, non agardes a acadar a perfección.
Celebra todos los progresos, no esperes a lograr la perfección.
Ann Cooper
(a perfección debe ser o obxectivo último, avanzar conscientemente nos pasos correctos é un dos mellores xeitos de chegar)

7 de marzo de 2011

DUBIDAR vs ASEGURAR

Se comezamos con certezas remataremos con dúbidas, mais se comezamos con dúbidas chegaremos a rematar con certezas.
Si comenzamos con certezas terminaremos con dudas, mas si comenzarmoscon dudas llegaremos a terminar con certezas.
Francis Bacon

28 de febrero de 2011

MIRAR (SE) E REFLECTIR (SE)

O que se considera un escéptico, fará ben en mirar de cando en vez ao seu escepticismo con escepticismo.
El que se considera un escéptico, hará bien en mirar de vez en cuando a su escepticismo con escepticismo.
Sigmund Freud

21 de febrero de 2011

14 de febrero de 2011

DECIDIR

A experiencia non é o que a un lle acontece, 
é o que un fai co que lle acontece.
La experiencia no es lo que a uno le ocurre, 
es lo que uno hace con lo que le ocurre.
Aldoux Huxley

7 de febrero de 2011

FABRICAR TANXIBLES, PROXECTAR INTANXIBLES

Na fábrica facemos cosméticos. Na tenda vendemos esperanza
En la fábrica hacemos cosméticos. En la tienda vendemos esperanza
Charles Revlon

29 de enero de 2011

ELVIRA CASAL: HÁBITO E ENXEÑO

Todo hábito fai a nosa man máis enxeñosa e o noso enxeño máis torpe.
Todo hábito hace nuestra mano más ingeniosa y nuestro ingenio más torpe.
F. Nietzsche

Isto non é exacto nalgunhas persoas. As mans que vedes lavando na imaxe son as de Elvira Casal, a miña avóa materna, que nos deixou nestes días e da que tanto aprendín, aclaro que moi torpemente. Ela tiña arte (man) para todo; costureira de profesión, facía enteira ou arranxaba calquera peza que lle puxeras diante tan rápido como perfecto. Levaba dentro "espírito" e "xenio", o xusto por estar sempre ben aplicado. Atendía casa, galiñas e horta con amor e superaba en enerxía e maña a calquera que dos que a pretendéramos axudar, polo que aproveitaba para aprendernos como "ilo facendo ben". Tiña tamén diso que aquí falamos, do enxeño, ou "chispa" diría ela, e en cantidade e calidade. Abraiounos ata os seus noventa e un con respostas e "saídas", sempre atinadas. Ao final só acontecía se lle falabas, é dicir, aínda que a colleras despistada. Maior mérito. Así e todo, o máis abraiante e reconfortante era que coa palabra ou calquera técnica verbal ou non verbal, remataba sempre -e nos facía rematar a todos- cun sorriso.
Aquí a tedes axudándome en Cambre, participando da creatividade dun storyboard no tempo de estudante. Grazas avóa, tentarei non esquecer e trasladar o teu exemplo. Vaia por ti, o teu neto
Ramón Roldán

14 de enero de 2011

VALORIZAR

Centrarse nos valores non simplifica a vida, pero dalle significado e dirección, e tamén moita máis complexidade.
Centrarse en los valores no simplifica la vida, pero le da significado y dirección, y también mucha más complejidad.
Anónimo