Todos queren a paz, e para asegurala, fabrican máis armas que nunca
Todos quieren la paz, y para asegurarla, fabrican más armas que nunca
Antonio Mingote
Celebremos cheos de ledicia que unha banda terrorista anunciase o 20/10/2011 o cese definitivo da súa actividade armada logo de 43 anos de terror. Sexamos tamén prudentes e construtivos, sería un paso ben positivo que entregaran os instrumentos do dano para non ser usados nunca máis. Tamén que mostraran o máis humano arrepentimento polo dano causado. Euskadi vive xa un novo presente e vivirá un novo futuro, un futuro de paz. Parabéns a tod@s os que contribuiron honestamente a conseguilo.