31 de octubre de 2011

MURMURAR

Máis aínda que cen predicadores, importa un murmurador
Más aún que cien predicadores, importa un murmurador
Pedro Antonio de Alarcón -novelista 'realista', membro da Real Academia de la Lengua-

24 de octubre de 2011

PACIFICAR

Todos queren a paz, e para asegurala, fabrican máis armas que nunca
Todos quieren la paz, y para asegurarla, fabrican más armas que nunca
Antonio Mingote

Celebremos cheos de ledicia que unha banda terrorista anunciase o 20/10/2011 o cese definitivo da súa actividade armada logo de 43 anos de terror. Sexamos tamén prudentes e construtivos, sería un paso ben positivo que entregaran os instrumentos do dano para non ser usados nunca máis. Tamén que mostraran o máis humano arrepentimento polo dano causado. Euskadi vive xa un novo presente e vivirá un novo futuro, un futuro de paz. Parabéns a tod@s os que contribuiron honestamente a conseguilo.

17 de octubre de 2011

IDEAR

O cerebro é un paquete de ideas engurradas que temos na cabeza
El cerebro es un paquete de ideas arrugadas que tenemos en la cabeza
Ramón Gómez de la Serna

Un pouco de exercicio diario axuda a desenrrugalas. Fai a proba e verás ;)

ÚTIL
Discurso 'El Orador': documento audiovisual de 1928 no que Gómez de la Serna - Ramón, como lle gustaba que o chamasen- manipula un par de monóculos e unha gran man postiza que engrandecen a mensaxe. E non só iso, ten un gran poder de 'imitación' dun galiñeiro! ;)

 

10 de octubre de 2011

LEGAR

Steven Paul Jobs (S.Francisco, 24/02/1955- L.A., 5/10/2011) 
Fundou Apple en 1976 no garaxe da súa casa, xunto co seu amigo, Steve Wozniak. Despois foi criticado e admirado. Grazas Steve por aportar ao mundo a túa visión.




ÚTIL
estas son 30 das súas reflexións, recompiladas pol@s amig@s de Appleweblog

3 de octubre de 2011

VALER

Un home, calquera home, vale máis que unha bandeira, calquera bandeira.
Un hombre, cualquier hombre, vale más que una bandera, cualquier bandera.
Eduardo Chillida

Chillida traballou xenialmente o ferro, a madeira, a pedra e o bronce. Buscou sempre a harmonía entre o ser humano e a natureza, e viceversa.
Eu, que estou convencido de que a súa reflexión incluía tamén ás mulleres, substituiría a palabra 'home' por 'persoa'.

Eduardo Chillida, o artesán do ferro